Axudas de emerxencia social: Emerx-endo 2013

Data: 
mércores, 27 Marzo, 2013
Obxecto: 

O obxecto xeral das axudas é posibilitar ás familias e /ou persoas que o necesiten o acceso a recursos e servizos básicos que permitan uns mínimos de calidade de vida, relacionados coas necesidades de alimentación, vestido, vivenda, participación social, apoio educativo (actividades extraescolares), coa atención de situacións de urxencia que precisen de intervención inmediata, e/ou co suministro de servizos que garantan condicións axeitadas de habitabilidade (abastecemento de auga, luz, saneamento, telefonía).
 
As axudas cubrirán necesidades xeradas por circunstancias temporais e/ou emerxencias formando parte, xunto coas becas de apoio á escolarización dos menores, dun conxunto de intervencións de asistencia e atención a situacións carenciais. Así pois as axudas serán económicas ou en especie, e de pago único.
 
Persoas beneficiarias: ver requisitos en arquivo adxunto.
 
Lugar: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (planta baixa do Concello).

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 23 de abril

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde