Benestar en Balnearios (Cª Traballo e Benestar)

Data: 
xoves, 21 Marzo, 2013
Obxecto: 

Ábrese o prazo para solicitar praza no Programa Benestar en Balnearios (Xunta de Galicia). Os prezos inclúen: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante 10 días e tratamentos termais básicos, non inclúe o desprazamento.
 
Requisitos: ser maior de 65 anos, ou de 60 coa condición de pensionista, residir na CC.AA. de Galicia, valerse por si mesmo/a, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais condutuais que poidan alterar a quenda e precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados/carecer de contraindicación médica.
 
Documentación: Solicitude, fotocopia do DNI, declaración responsable do estado de saúde.
 
Presentación de solicitudes: Dpto. de SS.SS. do Concello. Máis info: 981487041-ext.5

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 12 de abril

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde