Obradoiros de Conciliación Semana Santa

Data: 
mércores, 13 Marzo, 2013
Obxecto: 

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, retomará durante os días 25,26,27 de marzo e 1 de abril os Obradoiros de Conciliación, xa levados a cabo durante as vacacións de Nadal e de Entroido.
Dentro do Programa EQUAL subvencionado pola Deputación da Coruña, o Concello poñerá a disposición das familias novamente os obradoiros participativos para nenos/as de 3 a 12 anos, preferentemente con pais/nais con cargas laborais durante esas datas.
Prazo de inscrición: do 15 ao 21 de marzo de 2013 no Dpto. de Servizos sociais ou no teléfono 981487041- ext.5. Prazas limitadas.
Lugar: Casa da Cultura.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

15-21 marzo

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde