Acordo de Goberno no Concello de Valdoviño

Tras varios meses de negociación, os concelleiros electos do Partido Popular (PP), Convergencia Galega (C.G.) e Unidos por Valdoviño (UporV) chegaron a un acordo deGoberno no Concello  de Valdoviño.
 
Os concelleiros destes tres partidos chegan a este acordo de Goberno porque consideran que, dada a situación de crise actual, a unión entre eles é a mellor opción para a gobernabilidade do Concello, para o desenvolvemento do mesmo e para levar adiante proxectos en común que sexan útiles aos veciños.
 
Os integrantes do tripartito formado comprométense a actuar de xeito conxunto e coordinado, aunando esforzos e provocando sinerxias entre eles, para o que se establecerán acordos plenarios puntuais para sacar adiante as propostas imprescindibles para a correcta xestión das contas públicas do Concello e asumen a responsabilidade de traballar para o desenvolvemento de todos os sectores do Concello de Valdoviño, así como colaborar de xeito activo na organización de actos e eventos que supoñan un claro beneficio para a actividade económica do termo municipal.
 
Coa entrada no goberno dos concelleiros de Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño, o Goberno municipal queda reorganizado tal e como se pode ver neste apartado: Órganos de goberno.