Resultados e nova convocatoria para a praza de operario

Despois da realización do primeiro exercicio da fase da oposición para cubrir unha praza de operario no Concello de Valdoviño, declaranse eliminados os aspirantes que non acadaran os 5 puntos nese primeiro exercicio e convócase aos aspirantes que si o superaron para a realización dun segundo exercicio, que terá lugar o venres 22 de febreiro, ás 10:00 horas, na nave de Lanzós (Lago), debendo ir provistos do DNI ou documento análogo para a súa identificación.
 
Pódese consultar o decreto coas puntuacións no arquivo anexo e máis información sobre a contratación nesta ligazón: Contratación de persoal (operario municipal).