O Concello pon en marcha "VAGALUME", Programa de Educación Familiar na etapa preescolar

O Concello de Valdoviño vai poñer en marcha "VAGALUME", un programa de educación familiar na etapa preescolar. As inscricións poderán realizarse ata este xoves, 8 de novembro, no departamento de Servizos Sociais (teléfono 981 487 041 ext. 5).
 
Para concretar o horario e lugar, será preciso valorar as inscricións, polo que se fará unha reunión posterior coas persoas interesadas para fixar ditos aspectos.
 
"VAGALUME" pretende cubrir a ausencia dos "Espazos das Familias" que a Fundación Preescolar na Casa levaba a cabo en numerosos concellos de Galicia, entre eles, Valdoviño.