Actividade cultural de otubro

O outono trae a reapertura da Biblioteca Municipal, despois dun tempo pechada por reformas. Todos os seus servizos estarán dispoñibles a partir do día 31 de outubro.
 
A oferta cultural deste mes ábrese coa Exposición "Ondas de irmandade II", que se inaugura este venres 5 ás oito do serán. O espectáculo de Cabaré-Concerto cómico: Fratelli Negroni é outra das actuacións destacadas deste outubro, no que volve a Escola de Música (percusión, guitarra e piano), todos os mércores na Casa da Cultura.
 
Durante este mes está aberta a inscrición para o Curso de repuxado en coiro, impartido por Fina Taibo, e que se celebrará entre novembro e maio, os martes de 11:00 a13:00 horas. Máis información no teléfono 981 487 666.
 
Por último, e seguindo coa actividade de Coñece Valdoviño: en ruta, o derradeiro domingo do mes terá lugar unha Andada a Pico Agudo. Os interesados deberán inscribirse (de xeito gratuíto) entre os días 22 e 26 chamando a un destes teléfonos: 981 487 666 ou 981 492 311.