Presentación do equipo Galizamushing

Ás cinco da tarde deste domingo terá lugar na praia de Pantín a presentación do equipo de cans de trineo Galizamushing, actual subcampión de Europa na categoría de 8 cans.

Neste acto mostraranse os cans, o material e a xente que forma Galizamushing e farase unha exhibición co equipo seleccionado para ir ao Campionato de Europa no vindeiro mes de novembro. Poderedes ver aos cans tirando dun quad apagado ao longo do camiño paralelo ao paseo da praia.

Ademais farase unha demostración de quiropráctica e acupuntura canina, a cargo de Nuria Otero de IntegralVet.