I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño

O domingo 17 de xuño celebrase a I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño, organizada por Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño coa colaboración do Concello.
 
A xornada comezará ás nove da mañá, coa saída dun autobús da Porta do Sol. A recollida de participantes continuará na Cooperativa de Lago (ás 09:05 horas) e na Cooperativa de Meirás (ás 09:10 horas), desprazándose ata a praia de Ponzos, onde contra as 09:30 horas se iniciará a ruta.

A chegada á praia de Campelo terá lugar sobre as 12:30 horas, regresando o autobús aos lugares de inicio da ruta ás 13:00 horas.
 
Haberá auga e froita fresca para os participantes, que en todo momento estarán acompañados por membros de Protección Civil.

As persoas interesadas en participar deben apuntarse antes do venres 15 de xuño nos seguintes contactos: manolobacorelle@yahoo.es (617 671 686), jgonzalodoce@gmail.com
(626 819 545), mariajovilar@hotmail.com (660 962 318) ou alvarigon@hotmail.com (619 471 825). A inscrición ten un custo de cinco (5) euros, destinados ao autobús, a comida e a bebida.