Subvención para entidades de acción voluntaria

Data: 
martes, 29 Maio, 2012
Obxecto: 

Subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado durante o ano 2012. Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro, agás as universidades galegas, sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
As/os beneficiarias/os das axudas serán as entidades de acción voluntaria de Galicia, agás as universidades galegas, que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2012, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro, e que se desenvolvan dentro das áreas de intervención previstas no Plan Galego de Acción Voluntaria 2011-2014.
 
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde