O Concello iniciará este xoves o reparto gratuíto de mascarillas hixiénicas para @s veciñ@s maiores de 70 anos

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciará mañá xoves o reparto gratuíto de mascarillas entre os veciños e veciñas de 70 anos en adiante. Realizarase a través da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e en colaboración coas asociacións de veciños, que ceden os seus locais como base de operacións. Para acceder a estes recursos é imprescindible estar empadroado/a no municipio.
 
Así, o reparto realizarase nos seguintes lugares, datas e horarios: este xoves, 28 de maio, nos locais sociais de Lago, Meirás e Sequeiro; venres 29 de maio, na Oficina Municipal de Turismo de Valdoviño e nos locais sociais de Pantín e Vilarrube, e o luns 1 de xuño no local do palco da música de Loira e no local social de Vilaboa. En todos os casos, entre as 9,30 e as 13 horas.
 
Este reparto súmase ao realizado hai unhas semanas entre a poboación infantil.