O Concello habilita prazas de aparcamento reservado para persoas con diversidade funcional na entrada á praia da Frouxeira

As persoas con diversidade funcional contan dende hoxe con prazas de estacionamento reservado a escasos metros da praia da Frouxeira. Tras a aprobación en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico, o Concello vén de habilitalas na zona contigua á rotonda de entrada ao areal.
 
Dá así resposta ás demandas trasladadas por diferentes asociacións do ámbito sociosanitario nas xuntanzas mantidas co goberno municipal. Deste xeito, facilitarase ás persoas con mobilidade reducida o acceso ao areal e paseo da Frouxeira.