O Concello completa a renovación da cuberta frontal da Casa da Cultura

O Concello de Valdoviño vén de completar as obras de substitución da cuberta frontal da Casa da Cultura. Segundo explicou o alcalde, Alberto González, a intervención contou cun orzamento de 20.000 euros e foi necesaria tras os danos causados na infraestrutura polos últimos temporais rexistrados. Coa intervención realizada, recuperouse a cuberta orixinal do edificio.
 
Esta intervención súmase á realizada nos últimos meses, pola que se levou a cabo a renovación das carpinterías de aluminio de vidro sinxelo por outras de mellores prestacións técnicas na Biblioteca Municipal. Unha intervención que permitiu pór punto e final ás filtracións de auga e entrada de aire ás instalacións garantizando o illamento térmico do espazo e reducindo o gasto eléctrico en calefacción e mantenemento. Ademais, procedeuse á substitución da porta de emerxencia do auditorio sita na zona lateral, facilitando así o uso e a evacuación en caso de emerxencia e, por último, realizáronse obras de acondicionamento do almacén sito no soto para dotalo de maior accesibilidade e, por tanto, mellorar o seu uso, xa que ata ese momento tratábase dun espazo de difícil acceso.