Súmaste a #VoluntariadoValdoviño?

Nesta situación de crise, as mostras de solidariedade da veciñanza de Valdoviño están a ser IMPRESIONANTES. O Concello, especialmente a través do departamento municipal de Servizos Sociais, está a recibir un sinfín de chamadas de veciñas e veciños, empresas, asociacións… que dunha forma ou doutra queren axudar nesta difícil situación a aqueles/as que máis o precisan. E, paralelamente, a axuda solicitada por persoas maiores, soas e en situación de vulnerabilidade tamén medra día tras día. Co fin de aunar unha e outra, o Concello vén de activar #VoluntariadoValdoviño.
 
Trátase de crear un grupo no que cada persoa participante colabore para facer chegar esa axuda: levando alimentos ou menciñas aos domicilios, poñéndose ao teléfono para facer chamadas de seguemento ou conversar, trasladando mascarillas…
 
As persoas interesadas en colaborar coa iniciativa poden facelo dende xa, chamando aos números 981 487 041 (extensión 5) ou 695 096 198.