Un cumpreanos un pouco máis alegre para os nenos e nenas de Valdoviño

O Concello de Valdoviño e Protección Civil propuxéronse darlles unha sorpresa e, con sorte, arrincarlles un sorriso a todos os nenos e nenas de Valdoviño que estén de cumpreanos nestes días de confinamento obrigado polo coronavirus. Con esta intención, e a petición dos seus pais e nais, acudirán nesas datas tan sinaladas ata as inmediacións dos seus fogares cos vehículos municipais. Alí, farán soar as sereas e activarán as luces para acompañar o cumpreanos feliz.
 
Deste xeito, aquelas familias que desexen sumarse á iniciativa tan só teñen que chamar ao teléfono 648 741 748 cun día de antelación mínimo.