O Concello propón á veciñanza crear un álbum de imaxes antigas de Valdoviño

O Concello de Valdoviño propón un reto a veciñas e veciños en redes sociais neste tempo de confinamento obrigado polo coronavirus. Así, propón rebuscar nos caixóns da casa e compartir en facebook fotografías antigas do municipio. Cada día, cunha temática diferente. A fórmula é sinxela:
 
-Estar atentos á temática proposta no día polo Concello a través da súa páxina de Facebook
-Seleccionar as imaxes
-Subilas a Facebook e etiquetar ao Concello (@concellodevaldovino)
 
Agradécese tamén ilustrar a imaxe cunha breve reseña (nome do lugar, das persoas que nel aparecen, ano da fotografía…).
 
Cada día, o Concello elaborará unha galería de imaxes coas fotografías enviadas pola veciñanza e, a idea, é realizar unha publicación con todas elas (previa cesión dos/as seus/súas autores/as).