O Concello de Valdoviño recollerá a domicilio as donacións particulares de material para servizos sociosanitarios

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, fixo un chamamento á veciñanza e aos negocios locais para sumarse á donación de material dirixido aos servizos sanitarios e sociosanitarios co que afrontar a atención nesta situación de alerta, á espera de recibir máis recursos. Precisamente, o Concello entregaba onte á noite unha remesa de mascarillas no centro hospitalario de Ferrol e, dende hoxe, recollerá a domicilio as donacións realizadas pola cidadanía e trasladaraas ás instalacións sanitarias.
 
Se ben hai que lembrar que dende a semana pasada diversos establecementos e particulares xa realizaron unha serie de donacións de material a este Concello.
 
Así, particulares e empresas que desexen sumarse deben chamar aos teléfonos 981 48 70 41, 695 096 198 ou 628 711 080 e o Concello concertará a recollida. O material que se precisa: mascarillas, guantes, batas e gafas de protección.
 
Por último, o rexidor agradece a colaboración e solidariedade amosada pola veciñanza.