Viaqua pecha temporalmente a oficina do servizo municipal de auga

Viaqua anunciou o peche das oficinas de atención ao público de forma temporal. Esta medida preventiva está orientada a garantir a seguridade e saúde do persoal e os clientes, e atópase en liña coas medidas xa tomadas previamente e coas recomendacións feitas pola Xunta de Galicia e tamén polo Goberno de España ao tecido empresarial e outras organizacións. 
 
Todas as xestións poderanse seguir realizando a través das canles de atención non presenciais como son teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e oficina virtual.
 
Viaqua está a garantir a correcta continuidade do servizo coas máximas garantías a todos os municipios onde os prestan.
 
Na seguinte web o cliente poderá atopar información sobre as canles de atención non presenciais onde realizar as súas xestións. https://www.viaqua.gal/gl/canales-de-contacto