O Concello de Valdoviño celebra este xoves o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”

A escola unitaria de Lago acollerá este xoves 12 de marzo o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”, a cargo de Raquel Veiga, educadora social experta en intervención familiar. Dirixido ás familias, arrancará ás 17 horas.
 
A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa e debe formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais -planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.
 
Así mesmo, e co ánimo de favorecer a asistencia, o CRA O Esquío pon a disposición das familias un servizo de coidado de menores.
 
A acción está incluída na programación municipal «Somos e Contamos» coa que a Administración local celebra o Día da Muller.