Festa infantil de Entroido este sábado no pavillón municipal de O Longoiro

Nenas e nenos teñen este sábado unha cita no pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Alí, a partir das 17 horas, dará comezo a IX edición da Festa Infantil do Entroido que organiza o Concello baixo o título «Entroido Espacial». A entrada é libre e de balde e nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchables, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.
 
Entre as actividades propostas: obradoiros de pedras espaciais e talleres de chapas recordo da cita; photocall temático infantil; tres inchables e a presenza do caricaturista Roi Paz. Así mesmo, habilitarase a área baby, cunha educadora infantil e diversas opcións de estimulación temperá para os/as máis pequenos/as –ata 3 anos-: recuncho de animación lectora, mantiña de sensacións, bloques de construción, botellas de calma, cesto dos tesouros…