Nova xornada formativa sobre a sede electrónica e a tramitación de subvencións

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, celebra mañá mércores a segunda e última das xornadas formativas sobre o uso da sede electrónica municipal e sobre a tramitación de subvencións. Será na casa consistorial en horario de 10 a 11 horas sobre o uso da sede electrónica, e de 11 a 12 horas sobre a tramitación de subvencións. A participación é libre e de balde e non se require de inscrición previa.
 
Deste xeito, a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do Concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas, así como o xeito de tramitar as diferentes liñas de axudas.