O Concello saca a contratación a renovación do alumeado con tecnoloxía LED do campo de fútbol municipal

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo municipal de fútbol de Mourente por un importe de 47.701,59 euros. E, nesta liña, as empresas poderán presentar a súa oferta ao procedemento ata o 23 de febreiro. O anuncio de licitación e pliegos están publicados para a súa consulta na plataforma de contratación do sector público.
 
Así, o alcalde, Alberto González, explica que a intervención busca reducir o consumo eléctrico asociado á iluminación, mellorar a eficiencia enerxética e optimizar as condicións de iluminación, tanto en intensidade como en uniformidade. Para iso, procederase á substitución dos 16 proxectores de 2000w de haloxenuros metálicos que iluminan o terreo de xogo por 28 proxectores LED de tres tipos diferentes e cunha vida útil superior ás 100.000 horas. Manterase a posición dos puntos de luz, variando tan só os equipos.
 
Considerando unha utilización habitual, o aforro estimado de enerxía das luminarias que se renovarán estímase nun 58%, pasando a 13,20kw.h desde os 32,00  kw.h  actuais,  equivalente á redución de emisións de CO2 de 12,20 ton. 
 
O prazo estipulado no anuncio de contratación para o suministro e colocación das lámpadas é de tres meses.