A veciñanza pode recoller gratuitamente os calendarios municipais do 2020 na casa consistorial e na casa da cultura

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a veciñanza pode recoller gratuítamente o seu calendario municipal para o 2020 tanto na casa consistorial como na casa da cultura. A publicación, que foi presentada no día de onte nun acto público, tamén se distribuirá entre as entidades veciñais e culturais e as cooperativas do municipio. En total, o Concello editou 3.000 exemplares.
 
Trátase dun calendario moi especial, xa que está ilustrado coas imaxes presentadas pola veciñanza á convocatoria aberta polo Concello. Así, este ano acompañan aos diferentes meses fotografías de Cristina Freire, Esperanza Vázquez, Inés González, Gustavo Lamas, Jacobo Núñez, María Aneiros, Mario Rodríguez, Álvaro Núñez, Carlota Montero, Alberto Valero e María Hermitas Couce.
 
É o terceiro ano consecutivo no que o Concello propón á veciñanza participar na súa elaboración achegando imaxes de espazos do municipio comparables con outro lugar do mundo. Unha singular iniciativa na que tomaron parte este ano 91 fotografías.