O Concello abre a inscrición online no programa municipal Xoga en Nadal

O Concello de Valdoviño vén de habilitar a inscrición online no programa municipal Xoga en Nadal. Así o avanzou esta mañá o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, para animar ás familias a apuntarse na iniciativa, con custe cero. Poden facelo a través do enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScpk_HMj2GrZyiWd8JjOYEpdsA5Ga3pf6z7aLSLPZ7JYVUe3A/viewform?usp=sf_link e, a partir de aí, o Concello confirmará a inscrición a través dun email.
 
Xoga en Nadal está dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. Todas/os elas/es poderán participar nunha morea de actividades deportivas como baloncesto, fútbol sala ou xogos populares no pavillón do CPI Atios. Será os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis o 2 e 3 de xaneiro en horario de 11 a 13 horas.
 
Máis información, no teléfono 626 46 55 31.