Exhibición de Nadal dos alumnos e alumnas das actividades deportivas do CPI Atios

O pavillón do CPI Atios acollerá este mércores 18 de decembro a Exhibición das alumnas e alumnos das actividades deportivas que o Concello de Valdoviño organiza no centro escolar durante o curso. Así, participará o alumnado de patinaxe, ximnasia rítmica, patinaxe artístico, karate e atletismo.
 
Unha cita con entrada libre e de balde na que os máis pequenos e pequenas do municipio darán conta das súas habilidades e do aprendido nestes primeiros meses.