THE-Sastre Teatro representará este sábado en Valdoviño “Os segredos de Greta”

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este sábado 23 de novembro a representación da obra «Os segredos de Greta», a cargo da compañía THE-Sastre e no marco do 1o ciclo de teatro amador AMATEGA-Escenamateur Galicia. Será a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 
Trátase dun enredo sentimental escrito e dirixido por Andrés RC Yáñez. Narra a historia de Magnus, interpretado por Rubén Pena, quen vive un narcisismo esaxerado e mirarse no espello é unha das súas actividades preferidas. Isto xogaralle malas pasadas nas que están metidas Greta (Silvia Alvarado) e Anna (Rocío Prieto), dúas das súas pretendentes. Así, xogarán co narcisismo de Magnus ata levalo a puntos insospeitados.
 
A obra está dirixida a todos os públicos.