As escolas unitarias organizan unhas xornadas de troco solidario en Sequeiro e Pantín

Por unha boa causa, pero tamén co claro obxectivo de visibilizar as escolas unitarias e o extraordinario traballo que desenvolven, o CRA O Esquío convida á veciñanza a achegarse o vindeiro sábado 30 de novembro a partir das 18 horas ao local social de Sequeiro para recibir un agasallo. A cambio dun quilogramo de alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene, os alumnos e alumnas das tres escolas unitarias (Lago, Taraza e Vilarrube) entregarán un agasallo de carácter navideño realizado por eles/as mesmos/as. Para iso, as mestras sinalan que os nenos e nenas levan semanas traballando para crear un bo número de manualidades para satisfacer a demanda. Así mesmo, esta xornada lúdica estará ambientada con música tradicional, grazas á colaboración das cantareiras de Mestura e ás bailadoras de Lago. E por se isto non fora suficiente, aínda hai outro reclamo máis: café e bola para as persoas asistentes.
 
Esta mesma actividade repetirase o domingo 1 de decembro, no local da AVV de Pantín, a partir das 17,30 horas. Co mesmo programa, as actuacións musicais correrán por conta do grupo de baile e cantareiras de Vilaboa.
 
Deste xeito, os alimentos e produtos que se logren reunir irán destinados á campaña de Nadal do Concello de Valdoviño, que dirixirá ás familias con escasos recursos do municipio.
 
Citas, nos dous casos, imprescindibles!