O Concello anima aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar a súa adhesión ao programa municipal Xantar na Casa

O Concello de Valdoviño convida aos veciños e veciñas maiores de 60 a solicitar o programa municipal Xantar na Casa. Un servizo de comida a domicilio co que, segundo explicou o alcalde, Alberto González, o Concello busca facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
 
Está dirixido ás persoas empadroadas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e carezan do apoio necesario para suplir esta situación. Tamén ás persoas dependentes que carezan de apoio familiar e requiren de axuda para a preparación de alimentos, e aquelas maiores de 60 en situación de exclusión social.
 
Na actualidade benefícianse do programa 7 persoas e a adhesión ao programa debe solicitarse no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da casa consistorial-. O prezo do menú ao día é de 6,27 euros, aínda que coa subvención do Concello e da Xunta, a cuantía a abonar polo usuario/a do servizo queda reducido a 1,67 euros.
 
Os menús son completos e equilibrados, variados e adaptables ás necesidades das persoas usuarias, aos seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e á época do ano. Cada menú inclúe primeiro prato, segundo prato e sobremesa.