O Concello repartirá entre a veciñanza 50 entradas para asistir este sábado ao partido entre o Deportivo e o Alcorcón

O Concello de Valdoviño repartirá gratuítamente entre os veciños e veciñas 50 entradas para o partido que este sábado 23 de novembro enfrontará ao RC Deportivo e a AD Alcorcón a partir das 18 horas no estadio de Riazor. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
 
Entregaranse un máximo de 2 entradas por persoa e as persoas interesadas deberán solicitalo este venres, 22 de novembro, na oficina municipal de Deportes, na última planta da casa consistorial, entre as 12,30 e as 14 h. Deberá presentarse o DNI para confirmar a residencia en Valdoviño e a entrega farase por orde de chegada.