O Concello conclúe a renovación de toda a grifería do Centro de Saúde

O Concello de Valdoviño vén de destinar 5.989,45 euros procedentes de fondos propios para completar a renovación de todos os grifos de uso reservado para persoal sanitario no Centro de Saúde. A necesidade de acometer estes traballos era doble.
 
Por unha banda, os cambios legais obrigaban a adaptar estes grifos aos novos requerimentos, que establecen a obrigación de grifos de pedal para garantir o desenvolvemento do traballo do persoal sanitario en condicións seguras de hixiene. E, doutra banda, a medida era necesaria polo propio estado destes elementos, completamente corroídos pola humidade e o paso do tempo.