24 veciños e veciñas participan en Valdoviño e en Sequeiro nos cursos de manexo do móbil e do ordeador organizados polo Concello

Un total de 10 veciños e veciñas iniciaban esta mañá no centro comunitario o curso «Toma de contacto co computador» e, outros 14, farán o propio esta tarde na acción formativa sobre «Manexo do teléfono móbil ou smartphone» no local social de A Carreira (Sequeiro). Ambas iniciativas inclúense no programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «Somos e Contamos», que impulsa o Concello de Valdoviño e, nesta ocasión, conta coa colaboración do INICE, que guía as sesións, subvencionadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
 
A participación é gratuíta e as dúas accións formativas desenvolveranse ata o 18 de novembro.