As imaxes da veciñanza sobre Compostela protagonizan a nova expo da Casa da Cultura

As imaxes que os veciños e veciñas fixeron no transcurso da viaxe organizada polo Concello de Valdoviño a Santiago de Compostela serán as protagonistas da nova exposición que, a partir de mañá, acollerá a Casa da Cultura. Xunto a elas, o público tamén poderá ver unha selección de fotografías realizadas polo Concello sobre a peregrinaxe a Santo André de Teixido.
 
A iniciativa forma parte do proxecto municipal «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», deseñado polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo».
 
A partir deste xoves, a exposición poderá visitarse ata o 17 de novembro de luns a domingo de 12 a 14 horas e os sábados e domingos, tamén de 16 a 19 horas.