O arqueólogo Ángel Concheiro ofrecerá este mércores unha charla sobre os camiños de peregrinaxe a Santo André e Compostela

O arqueólogo Ángel Concheiro Coello impartirá este mércores en Valdoviño a charla «Camiños de peregrinación ao longo da historia: camiño de Santo André, Camiño a Teixido e Camiño de Santiago. Recoñecemento social da poboación local”. Será no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas, e a entrada é libre e de balde ata completar aforo. A ponencia íase celebrar inicialmente o 15 de outubro, pero tivo que aprazarse por causa de forza maior.
 
A iniciativa inclúese no proxecto titulado «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», deseñado polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo».