Melloras na rede eléctrica obrigarán ao corte do suministro este mércores de 9 a 11 horas en diferentes lugares do municipio

Por mor de traballos para mellorar a calidade do suministro eléctrico, a compañía Naturgy informa da necesidade de suspender o servizo este mércores 23 de outubro, de 9 a 11 horas, nunha serie de lugares do municipio. Son os seguintes: Aldea A Furada, Aldea Crecente, Aldea Donelle, Aldea A Bergaña, Aldea A Cachaveira, Aldea A Espiñuda, Aldea A Granxa, Aldea As Casas Novas, Aviño, Aldea Bacariza, Aldea Baladas, Aldea Malde, Aldea Miros, Aldea Mourente, Aldea Pousada, e Aldea Riodofoxo.
 
Dende a compañía, pídese desculpas de antemán polas molestias que poidan derivarse da medida.