O Concello de Valdoviño oferta clases de ioga no local social de Aviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou esta mañá que o Concello de Valdoviño ofertará clases de ioga no local social de Aviño, tras constatar a boa acollida que está a ter a proposta, para a que xa se reuniu un grupo mínimo de persoas participantes.
 
A actividade arrancará no mes de novembro e o prazo de inscrición na mesma permanece aberto no Rexistro Xeral da casa consistorial (primeira planta). O prezo é de 20 euros/mes. As clases celebraranse os luns e mércores de 18 a 19,30 horas.
 
Deste xeito, o Concello descentraliza esta actividade que, ata o momento, se viña desenvolvendo unicamente na Casa da Cultura de Valdoviño. A boa acollida que está a ter, levou ao Concello a plantearse crear un novo grupo que, finalmente, terá o local social de Aviño, recentemente reformado, como escenario.