O Concello abre a inscrición nun novo programa de terapias para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

O Concello de Valdoviño proponse mellorar a atención ás persoas afectadas de alzheimer e outras demencias, contribuíndo ao seu benestar social e ao respiro familiar das persoas coidadoras. Nesa liña, a Concellería de Servizos Sociais dá un paso adiante e plantea desenvolver Talleres para as persoas afectadas. Celebraranse dous días á semana e as sesións constarán de dúas horas.
 
Así, o Concello vén de abrir a inscrición nas terapias e pode formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial) ou obter máis información no teléfono do Concello: 981 48 70 41 extensión 5.
 
De reunir un número mínimo de participantes, organizarase unha xuntanza informativa para concretar días e horarios nos talleres, que guiará AFAL Ferrolterra.