O Concello oferta no CPI Atios clases de atletismo para nenos e nenas a partir de 4 anos

O Concello de Valdoviño ofrecerá a partir do mes de novembro clases de atletismo no pavillón do CPI Atios. Unha nova actividades da programación deportiva dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos.
 
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que as clases se celebrarán os martes e os venres de 16 a 17 horas. Así mesmo, sitou o inicio da actividade no mes de novembro.
 
O prazo de inscrición está aberto e as persoas interesadas deben apuntarse no rexistro xeral de luns a venres de 9 a 14 horas, entregando a ficha de inscrición e fotocopia do DNI do participante ou libro de familia (e volante de empadronamento soamente no caso de que no DNI non poña a dirección de Valdoviño co ánimo de confirmar a residencia no concello). O prezo da actividade é de 10 euros.
 
Con esta actividade preténdese introducir aos nenos e nenas do Concello nos hábitos de vida saudable a través do deporte. Neste caso, un deporte moi completo como é o atletismo. Para moitos descoñecido, o atletismo é moito máis que correr e, por isto, en colaboración co Club de Atletismo Narón se vai a orientar a actividade de forma divertida: saltar, lanzar, correr... xogar, compartir e moito máis!