O Concello de Valdoviño suma aos medios para loitar contra a velutina unha pértiga que alcanza os 18 metros de altura

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da adquisición dunha pértiga de fibra de carbono para incorporar aos recursos cos que conta a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil na súa intensa loita contra a vespa velutina no municipio. Este recurso, que xa está sendo utilizado, dispón dun motor eléctrico para introducir o líquido atraínte e alcanza ata os 18 metros de altitude. O seu custe ascendeu a 1.800 euros.
 
Ao longo do 2018, Protección Civil de Valdoviño retirou un total de 321 niños de vespa velutina en todo o termo municipal. No balance anual, e por parroquias, Protección Civil anulaba 87 niños en Valdoviño; 60 en Pantín; 57 en Lago; 53 en Meirás; 28 en Vilarrube; 17 en Sequeiro; 10 en Vilaboa e outros 10 en Loira.