Charla este martes en Valdoviño sobre os camiños de peregrinaxe a cargo do arqueólogo Ángel Concheiro

O arqueólogo Ángel Concheiro Coello impartirá a charla «Camiños de peregrinación ao longo da historia: camiño de Santo André, Camiño a Teixido e Camiño de Santiago. Recoñecemento social da poboación local”. Será este martes 15 de outubro no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas. Aínda que a entrada é libre, valorarase a asistencia á conferencia para tomar parte na visita a Santiago de Compostela que o Concello programa para este sábado 19 de outubro.
 
A charla inclúese no proxecto titulado «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», deseñado polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo».