O Concello realizará obras de mellora nos camiños da Espiñuda, Muíño, Riobó e Cumiños cun investimento de 41.500 euros

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da adxudicación das obras de mellora de varios camiños nas parroquias de Aviño, Lago e Meirás cun investimento de 41.500 euros. Intervencións que a Administración local financiará con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 de Agader. Unha achega que o Concello percibirá en dúas anualidades e que permitirá o financiamento do 98,83% das intervencións.
 
A empresa adxudicataria foi Agada Occidente S.L. e as intervencións levaranse a cabo no camiño da Espiñuda (Aviño), Muíño (Lago) e Riobó e Cumiños (Meirás). O prazo de execución é de cinco meses.