O Concello reparte gratuitamente 90 entradas para o partido entre as seleccións de España e Azerbaiyán

O Concello de Valdoviño repartirá gratuítamente 90 entradas para asistir ao partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 que enfrontará á selección española de fútbol feminino e á selección de Azerbaiyán. Encontro que terá lugar este venres 4 de outubro ás 21,30 horas no estadio de Riazor.
 
As entradas foron cedidas pola Deputación provincial da Coruña e daranse dúas por persoa presentando o DNI e acreditando a residencia no municipio de Valdoviño.
 
O Concello realizará o reparto este venres 4 de outubro, de 12,30 a 14 horas, na segunda planta da casa consistorial (no departamento municipal de Deportes). A entrega efectuarase por orde de chegada e ata esgotar as 90 entradas.