Fin de curso das actividades acuáticas de OcioSol 2019 organizadas polo Concello

Un total de 109 persoas, entre nenos e nenas e persoas adultas, tomaron parte nos meses de xullo e agosto nos cursos de natación e aquagym organizados polo Concello de Valdoviño ao abeiro do programa municipal OcioSol 2019. Celebráronse na piscina municipal de Lago, despois da conclusión da intervención de reforma integral á que foi sometida nos últimos meses. Deste xeito, a semana pasada, cada grupo levou a cabo unha exhibición dos coñecementos adquiridos coa que se puxo fin, de xeito festivo, aos cursos por este ano.
 
Ao remate, o alcalde, Alberto González, xunto aos concelleiros de Deportes, Sergio Saavedra, e Cultura e Sanidade, Jessica Sabín e Ana Belén Pérez respectivamente, fixeron entrega das correspondentes medallas e diplomas aos participantes.