Entrega de medallas aos nenos e nenas participantes nos cursos de fútbol sala

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, fixo entrega a semana pasada dos diplomas acreditativos e medallas aos nenos e nenas participantes nos cursos de fútbol sala organizados polo Concello de Valdoviño durante os meses de verán no marco do programa OcioSol 2019. Uns cursos que se desenvolveron en xullo e agosto os luns e mércores pola mañá na pista deportiva da Frouxeira, anexa ao cámping municipal A Lagoa.
 
Nos mesmos tomaron parte 23 nenos e nenas e, no transcurso do acto, Sergio Saavedra valorou moi positivamente a participación rexistrada na actividade.