Valdoviño acolle a exposición do XIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

A Casa da Cultura estrea exposición este martes 3 de setembro. A mostra itinerante do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica da Deputación da Coruña “Jesús Núñez” chega a Valdoviño. O público poderá visitala ata o día 17 no seguinte horario: de martes a domingo de 12 a 14 horas e as fins de semana, a maiores do horario de mañá, tamén de 16 a 19 h.
 
Poderán ver os traballos realizados polos artistas participantes no certame correspondente ao 2018, con técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.