O Amistade gaña o I Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño

O Amistade, de Meirás, foi o equipo gañador da primeira edición do Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño, que se disputou a pasada fin de semana no campo O Lameiro, na parroquia de Vilaboa.
 
O encontro enfrountou aos equipos femininos do CD Rosalía de Vilaboa e do Amistade de Meirás e foi seguido por veciños e veciñas a pé de campo. Finalmente, o marcador decantouse polo Amistade, que marcou dous goles fronte a un do Rosalía.
 
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, celebrou o auxe do fútbol feminino no municipio nos últimos anos, algo que demostra que existan os equipos locais en Vilaboa e Meirás.
 
Nesta liña, o edil asegurou que dende o Concello de Valdoviño se seguirá promovendo o fútbol feminino e o deporte de base. Ademais, confirmou que haberá novas edicións deste trofeo e felicitou ás xogadoras dos dous equipos polo seu bo facer no campo.