Máis de 150 persoas participaron na quinta edición da Carreira na Area

A praia da Frouxeira acolleu, por quinto ano consecutivo, a Carreira na Area. Unha cita que reuniu o pasado domingo a un total de 155 participantes (94 homes e 61 mulleres) nas diferentes categorías da competición. Unhas cifras de participación que celebrou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, quen afirmou que ano a ano vai aumentando o número de inscritos e que esta cita se está a consolidar na comarca como un evento familiar e deportivo de referencia.
 
Trátase dun percorrido de baixa dificultade, pensado para todas as idades e que plantea percorridos de entre 200 e 5.000 metros. Os gañadores da categoría absoluta, tanto masculina como feminina, recibiron trofeos, mentres que todos os participantes das restantes categorías recibiron unha medalla.
 
Resultados:
Maiores feminino
Laura Núñez Naveira (27 :33)
Isabel Felgar López (29 :44)
Paula Brage Ramos (31 :47)
Maiores masculino
Marcelo Vázquez Cortés (21 :33)
Juan Antonio Bogo Díaz (22 :10)
Adrián López Romero (22 :21)
Alevín femenino (Ano de nacemento 2008-2009)
1. Catuxa C.V.
2. Claudia F.G.
Alevín masculino (Ano de nacemento 2008-2009)
1. Martín C.M.
2. Miguel C.G.E.
3. Enrique S.B.
Infantil femenino (Ano de nacemento 2006-2007)
1. Aldara L.G.
2. Irene V.G.
3. Lidia G.R.
Infantil masculino (Ano de nacemento 2006-2007)
1. Hugo S.B.
2. Sergio G.L.
3. Hugo T.S.
Benxamín femenino (Ano de nacemento 2010-2011)
1. Sara S.B.
2. Carla S.N.
3. Adriana D.M.T.
Benxamín masculino (Ano de nacemento 2010-2011)
1. Héctor B.N.
2. Lucas J.P.
3. Javier C.P.
Prebenxamín femenino (Ano de nacemento 2012-2013)
1. Matilde Isabel.L.D.
2. Paula P.B.
3. Candela S.B.
Prebenxamín masculino (Ano de nacemento 2012-2013)
1. Mateo C.R.
2. Mateo B.N.
3. David L.T.
Esta Carreira, nun entorno natural único, foi recuperada polo Concello en 2015 tras un parón duns dez anos.