O Concello denuncia un novo roubo dos cabezais das duchas da Frouxeira

Segundo roubo en 15 días nos equipamentos dos areais de Valdoviño. O concelleiro de Servizos, Benito Vega, informaba esta mañá dunha nova sustracción. Neste caso, os cabezais das duchas máis próximas aos aseos que colindan co chiringuito da praia da Frouxeira. Ocorría esta noite e deixaban sen servizo as duchas.
 
Este acto súmase ao perpetrado na segunda quincena de xullo, cando desapareceron cinco cabezais e incluso as tuberías da ducha que dá servizo aos bañistas da praia dos Curas. Roubos que pagan finalmente todos os veciños.
 
Por último, o concelleiro avanzou que o Concello repoñerá no día de hoxe os cabezais.