Terceiro roubo de cable en Meirás en 2 anos

O Concello de Valdoviño denunciou esta mañá un novo ataque vandálico sobre o patrimonio municipal. Máis concretamente, a sustracción de 190 metros de cable de cobre e outros 60 metros de cable de aluminio no lugar de Fornos, na parroquia de Meirás. O concelleiro de Servizos, Benito Vega, explicou que se trata do terceiro roubo nos últimos dous anos.
 
Nesta liña, sinalou que a esta última sustracción obrigará ao Concello de Valdoviño a repoñer o cable cun custe de 1.115,43 euros.
 
Por último, o concelleiro condea este tipo de actos vandálicos contra o patrimonio de todos os veciños e veciñas.