As adversas prediccións marítimas obrigan á Asociación de Percebeiros a suspender a festa gastronómica prevista para esta fin de semana

As adversas prediccións marítimas para esta semana, obrigaron á Asociación de Percebeiros de Meirás a anunciar que a Festa do Percebe, prevista inicialmente para esta fin de semana, queda aprazada. A decisión adoptouse en base á imposibilidade de realizar a extracción do percebe para garantizar unhas cantidades acordes coa demanda que se rexistra edición tras edición. A asociación prima en todo caso un percebe de primeira, recén extraído que, nesta ocasión, non ten garantía de poder asegurar.
 
 
Así mesmo, dende a organización da cita, que se leva a cabo en colaboración co Concello de Valdoviño, sinálase que tentará buscar unha alternativa para dar continuidade a unha festa gastronómica que, edición tras edición, tense convertido nun auténtico referente.
 
 
Por último, pide desculpas polas posibles molestias que esta medida, adoptada por forza maior, puidese ocasionar.