O Concello incorpora 4 peóns e 1 albanel para traballos de mantenemento

O Concello de Valdoviño vén de incorporar catro peóns e un albanel grazas ao programa provincial PEL-Concellos, que financia a súa contratación. Así, segundo explicou o alcalde, Alberto González, realizarán fundamentalmente tarefas de conservación e mantenemento en todo o termo municipal e, esta semana, comenzaban o seu traballo nas parroquias de Meirás e Valdoviño, realizando labores de desbroces e acondicionamento de beirarrúas.
 
A contratación estenderase ata finais do mes de decembro, e vense a sumar á recente incorporación de 11 peóns para a limpeza de praias, tamén con cargo a unha achega da Deputación provincial da Coruña.